Imos falar na linguaxe extraterrestre (especializado) durante dous parágrafos:
Todas as técnicas de orientación cognitiva (as destinadas a transformar o pensamento, baseadas en que cambiar aquel transformaría as emocións, vistas estas como síntomas) foron criticadas porque, ao estar baseadas na linguaxe, a capacitación lingüística do suxeito podía ser unha variable interfiriente. Así como porque moitos suxeitos serían incapaces de manter o foco de atención necesario como para que as técnicas fosen eficaces.
Esta segunda crítica tamén se lle fixo ás técnicas orientadas a traballar coa persoa nun estado ampliado de consciencia ( hipnosis, focusing, meditación, técnicas psico- corporais, etc.) Dende hai algúns anos, traballamos fundamentalmente con este tipo de técnicas. E cando utilizamos técnicas de traballo con soños, cognitivo- constructivistas, xestálticas, conductuais, etc. Facémolo co suxeito e o terapeuta en estado ampliado de consciencia
Vale, agora volvemos á linguaxe coloquial. Cal sería a persoa ideal para traballar coas nosas técnicas durante unha psicoterapia? Unha persoa afeita a dirixir o seu foco de atención ao fluxo de consciencia (pensamentos e experiencia interna) e bendicida coa calidade de non exercer ningún tipo de resistencia (incluíndo o ignorala, tentar expulsala ou distraerse movendo o seu foco de atención) cara a ela. Especialmente cara ás sensacións sentidas das súas emocións (bloqueo neuromuscular, opresión torácica, pálpitos, espasmos, etc)
Pois non sabemos se é casualidade, pero sabemos que nunca coñecemos a ninguén así! Ou, polo menos, non veu a pedirnos axuda.
Entón, como conseguimos axudar a tanta xente? En parte, porque somos cans vellos e sabemos manexar a relación terapéutica. Pero, sobre todo, porque adaptamos as nosas técnicas ás necesidades da persoa. Todas as nosas técnicas, diciamos antes, practicámolas coa persoa dirixindo o seu foco de atención ás sensacións corporais das súas emocións. Quizais alguén pense: “si, home, e a esa persoa que senta e non para de moverse, que ten movementos rápidos de ollos e desconfía de todo?” Pois a esa persoa igual que ás demais.
Cales son as claves? Todas somos capaces de orientar o foco de atención a unha sensación corporal. Hai persoas que acoden realmente desbordadas. E quizais o primeiro día conformémonos con pedirlles que se poñan unha man no peito e conten cantas veces sobe e baixa o peito. Ou, mesmo teñamos que darlles (previo consentimento) a man e pedirlles durante uns minutos que nola aperten. O máis habitual é que a persoa acuda axitada, con un foco de atención moi móbil. Sen problema, dámoslle tarefas onde combine movemento e focalización. Poucos días despois, se practica con o exercicio que lle achegamos, o seu foco de atención aprendeu a centrarse, aínda que sexa durante uns segundos. Suficiente. Se vemos que exercemos moita presión, damos un paso atrás e utilizamos outra técnica máis externa. Sen problema, xa haberá momentos de volver achegarnos cara a un estado ampliado de consciencia.
A segunda clave nomeabámola máis arriba: o ou a terapeuta entra en estado ampliado de consciencia. Significa isto que o terapeuta fai clic cos dedos e queda mergullado nun agradable estado de flipar mentres o suxeito segue dando botes na súa butaca? Claro que non. Significa que temos a capacidade de sentirnos e sentir e aceptar o eco emocional da persoa nos nosos propios corpos. Iso permítenos facilitarlle enormemente a súa tarefa ao suxeito.
E se a persoa decide facer o oposto ao que lle propós? Pois pode ser un momento interesante para explorar que diferentes emocións e que partes de sí mesma se activan, aceptándoas na súa totalidade e abríndonos ás súas sensacións para que a intuición do paciente se achégue a integrar e comprender as necesidades que están a ser cubertas.
E se a persoa decide negarse a orientar o foco, a facer as tarefas para casa, a explorar en absoluto as súas sensacións, a vir a consulta porque cre que pode haber algún outro método (científico ou máxico) “máis mellor”? Pois lle desexamos moita sorte e acompañámola ata a porta.
QUE PASA CANDO A PERSOA DI “NON ME SAE”, “NON SON CAPAZ”?
Isto é moi frecuente. Pode ser que crea que non é capaz ou que non lle sae, pero a inmensa maioría das veces é porque a persoa está a esixirlle á súa sensación que se vaia de aí (e a sensación sorrí e se amplifica), porque no fondo cre que non debería nunca sentir nada incómodo ou porque cambiou as nosas instrucións polas que el ou ela considera máis adecuadas. Por exemplo:
- Cliente: Púxenme a facer a técnica e ao pouco tensóulleme o pescozo e os ombreiros, non conseguín relaxarme, e iso que ti dicíasme “reláxate, reláxate”
- Terapeuta: Noooon… Xamáis che propuxen que te relaxaras, non é o obxectivo. O obxectivo é conectar foco de atención e sensación emocional. Si atopas taquicardias, benvidas sexan.
- Cliente: E que non me gusta sentir iso.
- Terapeuta: Xa, e que poden ser moi desagradables, verdade? Como ter agujetas cando fas deporte, a anestesia do dentista ou o ventre inchado na cea de Pero é o que hai! Eliximos facelo! Pois toma a decisión correcta tamén coa túa emoción!