Profesionais

 Estouche ben! – Psicoloxía, acupuntura, taiji é un recurso onde profesionais altamente cualificados ofrécenche os servizos necesarios para a búsqueda do teu completo benestar, físico e emocional.

A nosa dilatada experiencia nos campos da psicoloxía, a terapia tradicional china (con disciplinas como a acupuntura ou a fitoterapia) e o taiji-qi gong (as veces escritos “taichí” e “chikung”) permitiranche afrontar as túas necesidades de benestar emocional e físico dende unha ou varias destas disciplinas, todas elas cientificamente demostradas como eficaces.

Os nosos psicólogos son socios fundadores e membros da xunta directiva da Asociación Española de Psicoterapia Taoista así como membros da Asociación Transpersonal Iberoamericana.

Estouche Ben! centro de terapias, está acreditado pola Comisión de Calidade da Fundación Europea de Medicina Tradicional China por seguir as súas Normas e Orientacións da práctica clínica da medicina china, ademais de ser a delegación da Escola Superior Wudao en Galicia para a ensinanza de Taichi e Chikung.

María
María Rodríguez

Está Licenciada en Psicoloxía, tamén é Criminóloga, Especialista en Psicopatología e Saúde, Experta en Coaching Psicológico, Postgrado en Psicopatoloxía e Psicoterapia da Infancia e a Adolescencia, Experta en Xestión de Servizos Sociais e Técnico Especialista en Taijiquan. Nos últimos anos profundou na súa formación e práctica como hipnoterapeuta, tanto en hipnoses clásica como en ericksoniana.

Publicou “La quietud del movimiento, Psicoterapia, Taoísmo y Medicina Tradicional China” (Ed. Mandala) e “Ríndete y vencerás” (UNO Ed.) (xunto a Alejandro Bello).

Recentemente cumpriu os seus primeiros 15 anos como terapeuta.

C.V. Maria Rodríguez C.V. Maria Rodríguez
Alejandro
Alejandro Bello

Está Licenciado en Psicoloxía, tamén é Especialista en Psicopatoloxía e Saúde, Experto en Coaching Psicolóxico, Técnico Superior en Medicina Tradicional China e Técnico Especialista en Taijiquan. Nos últimos anos profundou na súa formación e práctica como hipnoterapeuta, tanto en hipnoses clásica como en ericksoniana.

Publicou “Automanejo Emocional. Pautas para la intervención cognitiva con grupos” (xunto a Antonio Crego, en Ed. DDB), “La quietud del movimiento, Psicoterapia, Taoísmo y Medicina Tradicional China” (Ed. Mandala) e “Ríndete y vencerás” (UNO Ed.) (xunto a María Rodríguez)

Recentemente cumpriu os seus primeros 20 anos como terapeuta.

C.V. Alejandro Bello C.V. Alejandro Bello

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.Más información

ACEPTAR