Taichi Chikung
Taichi
O Taijiquan (ás veces escrito “taichi”), é unha disciplina pertencente ás artes internas de boxeo chinés (Wushu). Tamén chamado “boxeo das sombras”, esta disciplina foi formalizada no século XII por Zhang Sang Feng nos montes de Wudang, en China. Ser conscientes da súa orixe marcial é unha boa ferramenta para sacarlle proveito para a saúde, xa que a práctica vese mellorada ao entender a dimensión marcial da práctica. Con todo, durante a súa práctica non existe ningún tipo de contacto entre practicantes.
Os beneficios do Taichi para a saúde física e psíquica están amplamente demostrados. Ademais, posúe a vantaxe de que pode adaptarse ás posibilidades de calquera practicante, sen importar o seu estado físico inicial ou a súa idade. As sensacións ao acabar unha sesión de adestramento en Taiji son de benestar, enerxía e serenidade.
No noso centro, ensinamos concretamente os estilos Chen e Wudang Sanfeng Pai, que aprendemos durante anos do noso Mestre, Juan Carlos Serrato, o único Mestre con carta de acreditación para ensinar e difundir o estilo Wudang no noso país. Ademais, temos a honra de ser os seus Delegados para Galicia.
Chikung
A moderna práctica do Qigong (Chikung) é un método de cultivo da saúde baseado en exercicios psico-físicos; lonxe de ser unha moda pasaxeira, baséase en procedementos moi antigos coñecidos xa na China anterior á dinastía Han. Son exercicios lentos, coa atención posta na respiración e en determinados puntos do corpo. Moi recomendable para quen busca nas artes internas chinesas un modo de acceso á serenidade. As nosas clases de Qi Gong adoitan finalizar cun exercicio de meditación, habitualmente de atención plena.
Os nosos monitores de Taiji e Qi Gong posúen o título de Monitores Nacionais de Taijiquan-Qi Gong pola Escola Superior Wudao, pola Universidade de Las Palmas de Gran Canaria e pola Federación Canaria de Shorinji Kempo.
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | |
---|---|---|---|---|---|
18.00 | 18.00 19.00 Chi kung |
Mércores
- Chi kung18.00 - 19.00
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | |
---|---|---|---|---|---|
10.00 | 10.30 11.30 Taiji | 10.30 11.30 Taiji | |||
11.00 | |||||
12.00 | |||||
13.00 | |||||
14.00 | |||||
15.00 | |||||
16.00 | |||||
17.00 | |||||
18.00 | |||||
19.00 | 19.00 20.00 Taiji | 19.00 20.00 Taiji | |||
20.00 | 20.30 21.30 Taiji | 20.30 21.30 Taiji | |||
21.00 |
Luns
- Taiji19.00 - 20.00
Martes
- Taiji10.30 - 11.30
- Taiji20.30 - 21.30
Mércores
- Taiji19.00 - 20.00
Xoves
- Taiji10.30 - 11.30
- Taiji20.30 - 21.30