Psicoloxía

Existen momentos realmente difíciles na nosa vida. E sufrimos.

Ás veces temos feitos moi claros cos que se asocia o malestar, pero cremos que o sufrimento debería ser menor ou que non ten sentido sentirse tan mal durante tanto tempo.

Outras veces, só sabemos que nos dá a sensación de que non somos as mesmas persoas que eramos. E sentímonos perdidos.

En ocasións, non temos nin idea de cómo anda o noso mundo emocional, pero o noso corpo está a avisarnos de que algo non vai ben: insomnio, falta de forza, tensión nos ombreiros, problemas mandibulares, opresión no peito, presión na boca do estómago, problemas dermatolóxicos…

Por qué ocorre isto? En gran medida, porque aínda non aprendemos a permitir que o procesamento das nosas emocións siga o seu camiño natural e tentamos manexarnos no mundo emocional coas estratexias da lóxica e da razón. E iso, tarde ou cedo, sempre trae problemas.

A boa noticia é que todas e todos dispoñemos no noso interior de estratexias para permitir que lle deamos sentido ás nosas emocións, a aliarnos con elas e convertelas nunha marabillosa fonte de información sobre quen realmente somos, o que realmente queremos nesta vida e como conseguilo! Para iso, utilizamos estratexias terapéuticas baseadas nunha perspectiva transpersonal e taoísta, ensinando á persoa para sentir, aceptar, entender e aproveitar as súas emocións, a súa intuición e as súas aprendizaxes aínda latentes.

Algunhas das técnicas que máis utilizamos son a Hipnose (tanto a inspirada no traballo de Milton Erickson como as recentes propostas de terceira xeración), o Focusing, a Estimulación Bilateral e o Mindfulness (atención plena), así como técnicas complementarias procedentes da meditación.

Grazas a máis de vinte e dous anos de experiencia como psicoterapeutas, puidemos seleccionar as estratexias e técnicas que resultan realmente eficaces a curto, medio e longo prazo, condensándoas nun formato sinxelo que se adapta ao ritmo da persoa.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.Más información

ACEPTAR