ABDOMINAIS HIPOPRESIVOS A PARTIR DE XANEIRO

Que son os hipopresivos?

A Ximnasia Abdominal Hipopresiva engloba unha serie de técnicas que, mediante diferentes posturas e movementos e por medio da contracción do noso músculo diafragma na inspiración (apnea inspiratoria),  consegue facer un efecto de succión das nosas vísceras. O resultado é unha presión negativa dentro da cavidade abdominal e pélvica o que provoca unha reacción tónica reflexa da musculatura do suelo pélvico e do cinto abdominal.

Qué debemos tene en conta á hora de facer hipopresivos?

Antes de nada debemos tene en conta que é necesario contar coa guía dun profesional debidamente formado na ximnasia abdominal hipopresiva que poida adaptar cada exercicio ás nosas necesidades e que nos aconselle sobre a nosa postura e a nosa respiración en cada un dos exercicios.

Tamén convén tene en conta á hora de facer abdominais hipopresivos  que, como no método Pilates, unha correcta postura de partida é primordial para facer ben o exercicio.

O profesional cualificado guiarános na práctica dos abdominais hipopresivos indicándonos si estamos levando unha postura correcta, cánto tiempo debemos permanecer en apnea, etc…

 Qué beneficios tienen los abdominales hipopresivos?

  1. Reducen o perímetro abdominal nun período de tempo corto:
  2. Olvídate da incontinencia urinaria
  3. Melloran a vida sexual
  4. Recuperación post-parto
  5. Mellora a saúde da espalda
  6. Mellora o rendimento deportivo

Cánto debe durar unha clase de hipopresivos?

A duración das clases non debe sobrepasar os 30 minutos. A recomendación é que os abdominais hipopresivos se realicen nunha rutina de entre 20 e 30 minutos ou como complemento de outra sesión, xa que no están dirixidos á perda de peso sinon ao efecto muscular. O exceso de práctica máis aló do tempo recomendado é profundamente incómodo, agotador e perxudicial para a saúde.

Quizáis oíras fablar de lugares con clases de hipopresivos de 45 minutos ou máis, pero en realidade a práctica de hipopresivos nesas clases non sobrepasa os trinta minutos e recurren a exercicios doutras disciplinas pra rellenar a clase.

Deixa un comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.Más información

ACEPTAR