Psicoloxía
Existen momentos realmente difíciles na nosa vida. E sufrimos.
Ás veces temos feitos moi claros cos que se asocia o malestar, pero cremos que o sufrimento debería ser menor ou que non ten sentido sentirse tan mal durante tanto tempo.
Outras veces, só sabemos que nos dá a sensación de que non somos as mesmas persoas que eramos. E sentímonos perdidos.
En ocasións, non temos nin idea de cómo anda o noso mundo emocional, pero o noso corpo está a avisarnos de que algo non vai ben: insomnio, falta de forza, tensión nos ombreiros, problemas mandibulares, opresión no peito, presión na boca do estómago, problemas dermatolóxicos…
Por qué ocorre isto? En gran medida, porque aínda non aprendemos a permitir que o procesamento das nosas emocións siga o seu camiño natural e tentamos manexarnos no mundo emocional coas estratexias da lóxica e da razón. E iso, tarde ou cedo, sempre trae problemas.
A boa noticia é que todas e todos dispoñemos no noso interior de estratexias para permitir que lle deamos sentido ás nosas emocións, a aliarnos con elas e convertelas nunha marabillosa fonte de información sobre quen realmente somos, o que realmente queremos nesta vida e como conseguilo! Para iso, utilizamos estratexias terapéuticas baseadas nunha perspectiva transpersonal e taoísta, ensinando á persoa para sentir, aceptar, entender e aproveitar as súas emocións, a súa intuición e as súas aprendizaxes aínda latentes.
Algunhas das técnicas que máis utilizamos son a Hipnose (tanto a inspirada no traballo de Milton Erickson como as recentes propostas de terceira xeración), o Focusing, a Estimulación Bilateral e o Mindfulness (atención plena), así como técnicas complementarias procedentes da meditación.
Grazas a máis de vinte e dous anos de experiencia como psicoterapeutas, puidemos seleccionar as estratexias e técnicas que resultan realmente eficaces a curto, medio e longo prazo, condensándoas nun formato sinxelo que se adapta ao ritmo da persoa.