Hipnose Clínica

A hipnose clínica é unha técnica cientificamente demostrada como eficaz e que axuda a que o proceso terapéutico sexa máis rápido. A pesar dos mitos difundidos, o certo é que, durante a hipnose, estarás todo o tempo completamente consciente de todo e terás o control completo do proceso. O transo hipnótico é un estado de focalización da atención que levamos a cabo de forma natural case cada día. Por exemplo, cando estamos metidos nunha película e se nos esquecen o resto de asuntos.
Dende o punto de vista da terapia, coa hipnose poderás por en marcha recursos que estaban latentes no teu interior, sacando o mellor e máis auténtico de ti mesma. Se ben é moi útil para case calquera persoa, é habitualmente utilizada para deixar de fumar, mellorar hábitos alimentarios ou mellorar o rendemento deportivo e académico.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.Más información

ACEPTAR