Psicoloxía

A psicoterapia pode axudarche a ser máis feliz, reducindo, aceptando e dando sentido ao teu sufrimento ou atopando benestar onde só había días grises.

Nos últimos quince anos axudamos por centos de pacientes, algúns con patoloxías graves e outros que só desexaban entender por que sufrían nun momento dado das súas vidas. Para nós, a psicoterapia é un proceso no que o traballo da persoa que acode ao Centro e o dos nosos psicólogos realízanse de forma cooperativa.

Estamos convencidos de que, do mesmo xeito que nós somos expertos en coñecer mentes, cada persoa que se achega a nós é experta en coñecer a súa propia. E ese debe ser o punto de partida para evolucionar.

A nosa perspectiva teórica é integradora e parte dunha epistemoloxía constructivista. Isto significa que coñecemos técnicas de diferentes modelos (cognitivos, de conduta, experienciais, hipnose clínica…) e que cremos que as persoas desenvolven as súas vidas optando por posturas máis ou menos coherentes coa súa visión deles mesmos e do mundo. O que ocorre é que a coherencia pode non levar á felicidade. Aí é onde a psicoterapia pode axudar á persoa a atopar novas maneiras de continuar o camiño da súa vida máis aló da encrucillada na que se atopa cando acode a consultarnos ao noso centro en Pontevedra.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.Más información

ACEPTAR